









Podería ser discutible gastar en cubrir cando non existe espacio para aparcamentos, en Atalaia e dado que xa existen algúns no pobo (En Rinlo, por exemplo) facemonos a pregunta ¿Por qué non soterrados?
Por cuestións de estética cubrense. Vale. Gastamonos en cada cubrecontenedor 1.440 euros. Vale.
Pero para deixar os contenedores fora?
![]()
Non son feitos illados. Están asi por todo o pobo e o estar pechados e mal colocados, vemonos e desexamonos para poder depositar as bolsas de lixo. Para os maiores ou baixos mision imposible.
Observese o espacio que sobra dentro dos recintos.
As cousas poden facerse doutro xeito. Podense facer ben.
Anuncian suba de impostos en Madrid e Ribadeo
como eles non poñen os cartos, andan de regodeo!
O Concello de Ribadeo vén de recibir o certificado de revalidación do sistema de xestión ambiental EMAS, que amosa o máximo compromiso que unha institución pode ter co medio ambiente e a correcta xestión administrativa da Delegación de Medio Ambiente en temas como a xestión do punto limpo, os servizos de recollida de residuos sólidos urbáns ou a limpeza viaria.
concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro explicou que “o Concello de Ribadeo acaba de recibir o certificado de revalidación do sistema comunitario de xestión e auditoría medio ambientales EMAS. Esta certificación da Unión Europea é asignada polo Lloyd’s que despois de varios días de auditoría externa chegou á conclusión de que a xestión administrativa do Concello respecto ao medio ambiente, así como, o servizo de parques e xardíns, a xestión do punto limpo, a recollida de residuos sólidos urbáns, a limpeza viaria e as actividades culturais medio ambientais, foron xestionadas de forma correcta”.
Horacio Cupeiro lembrou que “estas auditorías foron as que descubriron, por exemplo, que o tanque de gasóleo que tiñamos ubicado entre o Concello e a Aduana levaba 20 anos sen pasar ningún tipo de revisión e lóxicamente a partir daquela tivemos que tomar medidas ao respecto e que algúns despois preguntan por qué se gastou medio millón de pesetas en facer esa revisión. A idea é seguir ampliando o alcance do sistema a tódolos edificios do Concello, xa que deste xeito aparecerán as anomalías no caso de habelas. Anteriormente só se levaba esta xestión ambiental no que era o despacho da Delegación, sen embargo, agora o que fixemos foi ampliar o alcance tanto ao auditorio, como ao punto limpo, como á Casa da Ría e a todo o Concello, ou sexa, que o alcance o estamos ampliando ata que acabemos metendo a tódolos locais e a todo aquelo que teña que ver co medio ambiente do Concello de Ribadeo”.
O edil nacionalista sinalou que “o custo do sistema de xestión foi subvencionado na súa maior parte pola Consellería de Medio Ambiente e no futuro, para que non teña custo para o Concello, farase a través do núcleo de sostibilidade. Este regulamento 761-2001EMAS, é algo superior ao sistema de xestión ISO-14.001 e amosa o máximo compromiso que pode ter calquera organización ou institución, neste caso o Concello, co medio ambiente”.
Horacio Cupeiro engadiu que “un dos principais valores é a declaración ambiental que é o documento mediante o cal a organización fai público o seu comportamento con todo o relativo ao medio ambiente. Por iso, estou orgulloso de poder actuar dende o punto de vista medioambiental e isto é o que nos amosa que algúns non teñen razón cando precisamente están a criticar determinadas carencias que efectivamente en tódolos sitios poden ocorrer”.
HOY EN COPE DE LA COSTA

pero estivo asi o longo das festas ... Sera SIDRINA?

Cada catro anos cambio de imaxe!
¿Cambiaremos de imaxe? Nos pensamos que non, que esto xa non hai quen o cambie!


O coñecido como camiño de Sela entre o Xardin de Indianos e a Avenida de Galicia
Con diñeiro e sen diñeiro fago sempre o que quero
e a miña palabra é lei