jueves, 24 de septiembre de 2009


¡Cabe ser mais enxebre!



Progresamos axeitadamente e  os furados permiten observar a composición do terreo
O que foi un paseo maravilloso,que segue sendo un lugar moi visitado, agora co atractivo engadido, para quen saiba disfrutalo, de ser "deporte de risco". Unha actividade que aporta risco, aventura, o queiras ou non .
O único que algúns desexamos é visitar o lugar onde se atopan os restos mortais dos nosos seres queridos ou sinxelamente pasear e mirar a paisaxe.




O que se ve forma parte dunha farola, moi necesaria xa que si non metes o pe nun furado podes quedar nun tornillo chantado!.
¡Dende o Concello pensan en todo! ¡Diversidade!

E para reflexionar sobre a brevedade da vida e como está Ribadeo, nada mellor que sentarse nun banco desta zona:


Vexase un veciño reflexionando sobre  a política municipal:


Seguen anunciando aumentos nas taxas e nos impostos
pero o que é facer nin amañan  o Camiño cara os Mortos!
Eso si, na Ordenanza está a traballar o Alcalde
De papeis si, pero do Cemiterio o Goberno nada sabe!
Publicado por a333 @ 17:54
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios