http://media.ribadeo.org/mediateca/imxd/albumes/imx/
12421485112009_03_Pleno_16.03.2009_ordinario.pdf
Asimesmo polo Sr.Rivas Alvarez se pregunta polo Decreto 2626 correspondente a
publicación do libro sobre “Ribadeo de tapeo”, por importe de 3.000 euros (500.000Ptas) e pregunta
cantos exemplares se fixeron, manifestando o Sr.Alcalde que lle contestará por escrito,
xa que non o sabe no momento.
Tamén o Sr.Rivas Alvarez pregunta polo Decreto 2891 correspondente a paneis
acústicos por importe de 12.261,20 euros (+2.000.000 Pts.) para a Escola das Anzas, aboados a
Martinez Rodríguez Fernando, contestando o Sr.Castro Reigosa que é para
insonorización de locais de ensaio de As Anzas financiado pola Deputación Provincial.(!)
(1) Que Atalaia coñeza unhas planchas de corcho http://www.nsaio.org/locais/galerias.php?r=12&lg=gal
O Sr.Rivas Alvarez, pola súa parte sinala que non lle estrana que os gastos que están
vendo que haxa que renovala pero de todolos xeitos quere preguntar polo Decreto
número 25 de equipos de son e luz para “Os mortos van deprisa” e se se refire a
equipos que fixeron falta para o cine teatro no día do estreno de 1624,00 euros. (269.000 Ptas)
O Sr.Alcalde contesta que supón que foi no cine teatro e no outro cine comercial, en
ambos
Formula tamén unha pregunta sobre o Decreto num. 252 de 8 de xaneiro de 2009 de
Eomática por importe de 2.030 euros (336.980 Ptas) correspondente a páx. web e que pregunta se é o
total ou é unha parte e se pode o Alcalde explicalo.
O Sr.Alcalde contesta que non sabe o que dí esa factura e o Sr.Rivas Alvarez reitera o
xa dito e o Sr.Alcalde manifesta que lle pode contestar no próximo Pleno xa que non
ten o dato
Por parte do Sr.Pérez Vacas se pregunta tamén polos Decretos 2603 e 2604 de obras
no Centro de Día por importes de 20.000 e 40.000 euros(10.000.000 Ptas) (e se se fixo algún tipo de
contrato ou licitación, e en que consistiron esas obras nun Centro Consorciado e se se
fixeron. O Sr.Alcalde contesta que a´nda que está consorciada, e a xestión lle
corresponde ao Consorcio e o mantemento ao Concello, grosso modo.
O Sr.Pérez Vacas lle volta a preguntar se se gastaron 60.000 euros en mantemento e o
Sr.Alcalde contesta que o Centro adoece de problemas de humedades, salitre, etc. e
estaba nunha situación lamentable e a través da Deputación conseguiron unha axuda a
finais do 2008 de 600.000 euros (100.000.000 Ptas+-)para iso, e cunha empresa se fixo, utilizando as
marxes e os instrumentos da lei de Contratos, pero non chega
O Sr.Alcalde prosegue manifestando que poden cometer erros, que a súa vontade é
mellorar, pero que para iso sería convinte que algún membro do Grupo do Sr.López
Pérez deixase de reclamar cantidades contenciosas en torno a 13.000 euros de
nóminas deixadas de percibir que mellorarían a economía do Concello, e que terán que
ter consignadas no presuposto de 2009. (2)
(2) Dado o transcripto anteriormente a economía do Concello ten-lo difícil.
A continuación por parte do Sr. Reymondez Gancedo de UPRI se formula un rogo
respecto aos veciños e veciñas que están nos pisos de acollida e manifesta que
escoitou queixas respecto á comida preparada, e foi a visitalos, e non ten dúbida da
calidade sanitaria pero sí respecto ao sabor e á presentación, que moitos veciños xa
non comen alí, e outros fan a cea pero a mediodía xantan fora e que formula o rogo de
se pode verse a forma de que se volte á comida convencional e co persoal do Concello
que non incrementa os custos.
Por parte do Sr.Alcalde se contesta que xa lle teñen manifestado esa cuestión e que
dubida moito mais de que a comida non sexa correcta, cando está avalada por
nutricionistas, por médicos e por un montón de profesionais e ten que dicir que esa
comida está subministrada por unha empresa e que o Concello tivo unha experencia
piloto e despois a Vicepresidencia estendeu o servicio e actualmente se daba nunha
serie de Concellos, e a finais de ano a intención era que fora en todo o territorio galego
e non sabe se vai ser así ou non.
Prosegue contestando o Sr.Alcalde que, no que atinxe a Ribadeo, segundo os informes
do Asistente Social son 40 persoas usuarias, e se deron de baixa dúas porque non lles
gustaba aínda que lle deron queixas sobre algún sabor, e que considera unha ofensa
respecto aos demais usuarios do servicio que lles haxa que facer un menú especial aos
do piso tutelado, e que respecto ao piso tutelado lle parece unha demagoxia enorme
que se utilice de xeito destructivo, e que non quere dicir que non poida haber algún
plato que non lles guste, e que quizais a xente maior non está acostumada, por
exemplo a xantar carne de hamburguesa ou albóndigas, pero había xente que lle
gustaba xantar patacas fritas sen mais e iso é o que a un lle guste e o Sr.Alcalde pon o
exemplo do seu fillo ao que non lle gusta a verdura pero que ten que comela igual, e
entón cre que moitas veces por determinados afáns poden caer en facer cousas á carta
cando hai determinados casos que se poden corrixir , e igual se trata de determinada
comida que lle prace á xente nova e non aos maiores, e que a xente maior ao mellor
está contenta de xantar leite con galletas, e non pode ser, e ten que tomar outro tipo de
alimentación.
Prosegue respostando o Sr.Alcalde que é certo que no piso tutelado hai xente que vai
comer fora e tamén o facía antes, e non se dí que tamén hai xente que quizais non está
en pleno uso das súas facultades, e igual vai xantar a saída dun bar ou está
rebuscando no lixo cando non lle fai falta, e o Alcalde e o goberno que sexa non o pode
evitar e entre todos as cousas se poden matizar e non é verdade absoluta pero confía
nesa empresa e ademais agora non se está levando directamente dende o Concello
senon dende o Consorcio segundo cre e polo tanto non lle acepta rescindir ese
servicio, porque é o mesmo que está no Centro de Día e non lle parece unha
incongruencia e o estan disfrutando unos corenta veciños de Ribadeo.
(3) O Piso Tutelado é para persoas válidas ¿por qué persoas que non están en uso das súas facultades están nunha vivenda que non conta con atención profesional as 24 horas do día?
¿Non podemos elixir o que comemos? Cando nos facemos maiores ¿non podemos manter os hábitos e gustos persoais?
Un vexetariano ¿tería que comer carne nos centros municipais para maiores ou pasar sen comer?
Desde Atalaia coidamos que é bo que ós anciáns/persoas que precisan atención se lles facilite a comida no fogar/se lles precise todo tipo de axuda pero que se lle permita tamen elexir a súa dieta tal e como se fai en Hospitais que tendo elabourados os menus semanais, permiten elexir.
Haberá dous tipos de beneficiarios <aquelas persoas que contarán con prazas subvencionadas, xa que a administración cubrirá unha parte do custe do servizo en función das súas rendas, e aquelas outras que superando as rendas esixidas que queiran asumir o 100% do custe estimado en 7 euros menú e día>, engade o alcalde de Ribadeo. Fernando Suárez asegura que <os menús comprenderán todo tipo de dietas tanto baixas en hipocalóricos, coma as preparadas para persoas que sofren diabete…..Ademáis aos usuarios que non conten con él váiselles facilitar un microondas para que poidan quentar a comida. Tamén se van facer revisións e tarefas de mantemento dos frigoríficos, control de temperaturas, recollida de restos de comida, etc, etc… por parte da empresa que levará o servizo>.
Segundo os datos que manexa o departamento de Servizos Sociais do Concello hai unhas 50 persoas interesadas en contar con este servizo de comida a domicilio <xa non tanto pola cuestión económica, senón por facilitar unha dieta axeitada a esa xente maior que se sinte capacitada para vivir soa, pero que si lles ofrecen este servizo xa se poden despreocupar do ter que facer de comer e poden continuar na súa vivenda sen ter que desprazarse a unha residencia ou a un centro de día>, segue a relatar o alcalde, que anima <aos interesados e ás súas familias a inscribirse canto antes no Auditorio Municipal, onde están ubicados os Servizos Sociais Municipais>.
http://copedelacosta.com/ribadeo/abierto-el-plazo-para-sumarse-al-programa-xantar-sobre-rodas.html



Un lema para este Ribadeo que nos toca vivir
Na rúa Trinidade, fronte a Panadería Paleo.
Non é o único que falta por rematar nunhas obras eternas: http://requerimentosatalaia.blogcindario.com/2009/04/00075-rematadas-as-obras-na-trinidade.html
Desastre, humillación, envidia, traición,
sociedade corrupta
engaño, engaño, engaño
a increible vida dun ser vulgar.../Eskorbuto

O aproveitamento do espacio. Unha loita de Atalaia
Circulación Obrigatoria e o mesmo lado outra de Prohibición
E non facemos nada
Quen ostias vaino parar
Si a nós mesmos
Parece que nos da igual/ Silencio Absoluto

Todo se volven palabras...
E na paxina web está. O que se di diálogo non existe. Quedase. Convocase. Pero todo palabras.
Ocupacións na vía pública sen control. Obras e camións que deixan as rúas en mal estado que logo
os cidadáns teremos que pagar dun xeito ou doutro. Por exemplo co Fondo do Estado para a creación
de emprego na rúa Camilo Barcia, completamente destrozada.
Non poñemos fotos xa que abondan no blog como probas de incumprimento.
El Ayuntamiento de Ribadeo establece canales de comunicación internos y externos que
facilitan, por un lado, la implicación de los trabajadores en el Sistema, y, por el otro, un diálogo
abierto con la población, partes interesadas y grupos de interés. La gestión de estos canales de
comunicación permite la retroalimentación del sistema. La comunicación interna se garantiza desde
el propio Plan de formación y los canales ordinarios de comunicación de la Organización.
La comunicación externa se vincula a canales de comunicación estables con las contratas, con un
continuo intercambio de información que permite desde la evaluación de los aspectos indirectos hasta
el seguimiento y coordinación de actuaciones conjuntas, relativas a emergencia y cumplimiento legal,
principalmente.
La estrecha relación existente con las contratas, en el desarrollo de nuestros trabajos conjuntos,
día a día, garantiza esta colaboración y apoyo para la consecución de nuestros objetivos de mejora
continua del comportamiento ambiental. Como principal vía de comunicación se desarrolla la presente
Declaración ambiental, que será actualizada periódicamente y validada externamente.
Esta Declaración estará a disposición del personal del Ayuntamiento de Ribadeo como canal interno,
y será remitida a todo aquel ciudadano/ciudadana, organismo o entidad externa que la solicite.
Está previsto además su inclusión en la página web del Ayuntamiento una vez ésta comience a funcionar.

Eso si, como se pode ver poñen un banco para que se aprecie o efecto.
Dende o Grupo San Miguel tamén se pode admirar a mesma paisaxe, eso si dende outro punto:
Voto a Dios que me espanta esta grandeza
e que diera un doblón por describilla;
porque ¿a quén non sorprende e maravilla
esta máquina insigne, esta riqueza? /Miguel de Cervantes

* Primeiro miraban para as fachadas, logo para a rúa, mañán quén sabe para onde mirarán...
Ninguen ofrece tanto como o que non vai cumprir.
Francisco de Quevedo y Villegas

Podense ver en distintas rúas:

Que ti e eu
Logremos ser un
Para que os homes crean
E creendo transformen
O mundo no que viven/Raúl Macín.

E parecenos unha idea axeitada o desviar a circulación peonil pero estáse a tapar os antigos amarres/desembarcadeiros existentes nese Porto. O proxecto da obra non o atopamos no Concello (¿será que Porcillán non é Ribadeo?)
Camiñante non ai camiño, faise camiño o andar /Antonio Machado

Os letreiros informativos colocados polo Concello teñen espacio sen aproveitar, unha das súas bandas aparece libre. O mesmo tempo por todo o pobo, e coidamos que sen control algún, aparecen anuncios de establecementos.
A sombra da miña sombra
me estou facendo un sombreiro
pero vou deixar de face-lo
para loitar con dous güevos. Extrechinato