


E o lado, tamén, do Hotel La Balastrera





Mirador sobre a Ría. Este é o estado que ofrece
Baila a crisis,
Baila o milenio. Baila a ruina! Dixebra

de xardin ten pouco e de Indianos o nome e por enriba está valado
Hai un futuro, hai un presente
hai un pasado moi presente/Kaotiko

Para os que saben nadar sen gardar a roupa
e todas as chaquetas lles quedan mal
a facer puñetas tanto disfraz,
Para os que tropezaron na mesma piedra
e non teñen miedo a continuar
uñas desgastadas en moitas paredes/Barricada
Non quero ser votante! Jhimy, Jhimy kaos.
Asi está a Regueira
E ti que te preocupas
por culpa do futuro
cando xa non quede
será cando te enteres
que xa estás, xa estás
mais que enterrado en vida.







| HOSPITAL-ASILO DE SAN SEBASTIAN E SAN LÁZARO REGULAMENTO DE REXIME INTERIOR APROBADO DEFINITIVAMENTE POLO PLENO MUNICIPAL NA SESION DE 19 XANEIRO DE 2009 De conformidade co acordado polo Pleno Municipal en sesión de 17 de novembro de 2008, a interpretación deste regulamento e da aplicación da ordenanza do prezo público se efectuará baixo os seguintes criterios: a) O criterio expreso da imposibilidade de que se algún interno ou a súa familia non ten medios económicos para cubrir a diferencia co previsto na ordenanza iso non lle repercuta á hora de ingresar. b) O Concello se impón a obriga de xestionar as axudas para cubrir os déficit dos usuarios. ART. 1.- IDENTIFICACION. O hospital-asilo de San Sebastián e San Lázaro é, segundo a Orde do 18 de abril de 1996 (modificada por Orde de 13 de abril de 2007), que desenvolve o Decreto 243/1995 do 28 de xullo no relativo a regulación das condicións e requisitos específicos que deben cumpri-los centros de atención a persoas maiores, unha mini residencia , por tratarse dun centro, cun número de prazas entre 13 e 59, no que se presta o servizo de vivenda permanente cunha asistencia integral e continuada ás persoas maiores. A titularidade de este centro é do Excmo. Concello de Ribadeo, inscrito no rexistro de entidades prestadoras de servicios sociais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar número S403, con enderezo en Praza de España, 1 de Ribadeo. Sendo o representante legal o Sr. Alcalde-Presidente D. Fernando Suárez Barcia e o NIF do Concello P 2705100 B, se ben a xestión e administración do Centro corresponden á Congregación Marta e María con CIF P7705101-I, en virtude do convenio formalizado coa mesma, e nos termos deste Regulamento. ART. 2.- SERVICIOS OFERTADOS. - Servizos básicos: - Aloxamento. - Manutención. - Uso de zonas de convivencia e de servicios comúns. - Fisioterapia. - Servizos complementarios: - Atención especializada de xeriatría e enfermería. - Rehabilitación e atención social. - Servicios relixiosos, capilla, etc. - Terapia ocupacional. ART. 3.- PREZO POLA PRESTACION DOS SERVICIOS. A relación de prezos figura como anexo I ao presente regulamento. En ningún caso a aportación do usuario con cargo á súa pensión, excederá do 90 % do importe da mesma, tanto para válidos como para inválidos. O pagamento faise efectivo, por mensualidades vencidas, nos primeiros cinco dias do mes seguinte. A modalidade de pagamento é a domiciliación bancaria. Suposto de facturación de media mensualidade: (Ingreso no centro na 2ª quincena do mes e calquera estancia no mesmo que sexa inferior ou igual a 15 días. No caso de baixa voluntaria deberá o usuario preavisar ó centro con cinco dias de antelación a data da baixa. Factura-recibo: Contra o pagamento expedirase o correspondente recibo-factura por duplicado- un para o expediente individualizado custodiado no centro e outro para entregar ó usuario cliente-. No mesmo detallaranse os servicios ós que corresponde o pagamento. Réxime de actualización dos prezos: incrementado cada ano co IPC galego, segundo designe o Instituto Galego de Estadística (IGE). ART. 4.- INGRESO DOS USUARIOS. Na permanencia no centro respetarase a propia vontade dos usuarios ou do seu representante legal. No suposto de que o usuario fora declarado incapaz xudicialmente e nomeado o seu tutor, as decisións relevantes corresponderán ó mesmo. Sen prexuizo, en caso de ser preciso, da intervención do Xuíz competente. Requisitos: - Maior de 65 anos.- Ou máis de 60 sendo pensionista. - Residente no Concello de Ribadeo, cunha antigüidade a lo menos de 2 anos de empadroamento. - Terán preferencia as persoas con menos recursos económicos. Documentación: - D.N.I. - Certificado da pensión que perciba. - Cartilla Seguridade Social. - Valoración médica do grao de dependencia. - Informe médico co diagnóstico (patoloxias, enfermedades infecto-contaxiosas, trastornos píquicos, antecedentes psiquiátricos&hellip e coa posoloxia do tratamento farmacolóxico a subministrar, dietas especiais…- Datos da unidade familiar e dos contactos familiares - Datos bancarios do usuario. No momento do ingreso o centro facilítalle ó usuario o Regulamento de réxime interior visado por Vicepresidencia e deixarase constancia da entrega e da data,para a lectura e aceptación do usuario. ART. 5.- Igualmente no momento do ingreso formalizarase un contrato no que consten os servicios prestados na residencia, prezo, datos da entidade titular do centro, datos do usuario, tutor legal, familiares, lugar, data e sinaturas. ART. 6.- Establécese un periodo de proba de 1 mes de duración para a adaptación do usuario ao centro. Durante este mes poderase rescindir o contrato. ART. 7.- O centro dispón dun libro de rexistro de usuarios, no que se inscriben estos na data de formalización do ingreso e se anotan as incedencias relevantes (incapacitación xudicial, titor, etc.) así como a data e motivo da baixa do usuario. No centro levarase, debidamente custodiado, un expediente individualizado de cada usuario. No mesmo constarán: Documentos médicos, sociais, familiares,económicos, recibos de pago, así como quedará constancia das incidencias que se consideren de interese (hospitalizacións, vacacións, etc.) O centro conta cun libro de reclamacións a disposición dos usuarios. No suposto de que se efectuase algunha reclamación, daráselle copia da mesma ó reclamante e remitirase unha segunda copia a Subdirección xeral de autorización e inspección de centros da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. O centro dispón dunha póliza de responsabilidade civil que garante a cobertura das indemnizacións dos usuarios e sinistros do edificio. Dita póliza pode ser requerida polos usuarios para o seu coñecemento. ART. 8.- REXIME INTERIOR. Horarios: - Xexun: 9.30 hs. Misa (voluntaria):?9.00 hs. - Xantar: 14.00 hs. - Cea:?20.00 hs. Horario de visitas: O horario de visitas é libre exceptuando as horas das comidas e pola noite, salvo caso de necesidade ou que ocurra algunha circunstancia especial, efectuándose nembargantes dentro das seguintes franxas horarias: Pola mañá: De 10,00 h. a 13,30 h. Pola tarde: De 16,00 horas a 19,30 horas. Réxime de saídas: Libre, respetando os horarios das comidas. Dende as 10,00 ás 21.00 horas. Garantízase a comunicación co exterior tanto telefónicamente como por correspondencia. Comunicación e información do centro ó representante legal e ou familiares do usuario (teléfono, carta, reunións...). Gastos sanitarios: Os usuarios faranse cargo dos gastos que non sexan cubertos pola Seguridade Social. Os armarios contarán con chave para a custodia dos enseres persoais dos usuarios. Está prohibido o almacenamento de alimentos e bebidas alcohólicas nas habitacións. - Está prohibido fumar dentro da Residencia. PERMANENCIA E INCAPACIDADE: Na permanencia no centro respetarase a propia vontade dos usuarios ou do seu representante legal. No suposto de que o usuario fora declarado incapaz xudicialmente e nomeado o seu tutor, as decisións relevantes corresponderán ó mesmo. Sen prexuizo, en caso de ser preciso, da intervención do xuíz competente. No caso de incapacidade sobrevida logo do seu internamento, os responsables do centro, deberán poñelo en coñecemento inmediato da autoridade xudicial para os efectos do previsto no artigo 211 do Código Civil. Nos supostos de situación de desamparo, etc, os responsables do centro deberán poñer en coñecemento do ministerio fiscal os feitos que poden ser determinantes de incapacitación do maior. RESERVA DE PRAZA: A situación de reserva de praza a favor dos residentes prodúcese nas seguintes situacións: a) Cando o residente abadone involuntariamente o centro para ser internado nun hospital. b) Cando o residente abandona voluntariamente o Centro por un período máximo de 30 días consecutivos ou 45 discontinuos por ano natural, para vacacións, estancias con familiares, etc., durante a situación de reserva de praza facturarase igualmente o custo do prezo público sen reducción algunha. ART. 9.- OBRIGAS DOS USUARIOS. 1. Cumpri-las normas sobre utilización do centro establecidas no regulamento de réxime interior. 2. Observar unha conducta inspirada no mutuo respecto, tolerancia e colaboración, encamiñada a facilitar unha mellor convivencia. 3. Colaborar na realización de determinadas tarefas, que sen supoñer un risco para a súa saúde nin para a finalidade do tratamento, sirva para mellora-la súa autonomía persoal e participación na vida do centro, dacordo co disposto no regulamento de réxime interior. 4. Pago do prezo público correspondente segundo a ordenanza reguladora. ART. 10.- DEREITOS DOS USUARIOS. 1. A acceder ós mesmos e recibir asistencia sen discriminación por razón de raza, sexo, relixión,ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. 2. Á consideración no trato, debida a dignidade da persoa, tanto por parte do persoal do centro como dos demáis usuarios. 3. Ó sixilo profesional acerca dos datos do seu historial profesional ou social. 4. A realizar saídas ó exterior. 5. A manter relacións interpersonáis, incluíndo o dereito a recibir visitas. 6. A unha asistencia especializada acorde coas suas necesidades específicas. 7. A intimidade persoal en funcióndas condicións estructuráis do centro. 8. A que se lle facilite o acceso a atención social, sanitaria,educacional, cultural e en xeral a todalas necesidades persoais que sexan precisas para consegui-lo seu desenvolvemento integral. 9. A abandona-lo centro por vontade propia. 10. A asociarse co obxecto de favorece-la sua participación na programación e no desenvolvemento de actividades. O exercicio dos dereitos sinalados nos parágrafos 4 e 9 poderán ser obxecto de limitación en virtude de resolución xudicial. ART.11.- CAUSAS DE RESOLUCIÓN DE CONTRATO. Na saída do centro respectarase a propia vontade dos usuarios ou do seu representante legal, que precisará ademáis de autorización xudicial no suposto de maiores incapacitados xudicialmente. Réxime de preaviso de baixa: Preavisarase a baixa con 5 días de antelación. Causas de baixa: - En calquera momento a petición do usuario ou tutor legal. - Polo incumprimento reiterado das obrigas dos usuarios do centro consistente en: 1) Reiterado incumprimento das normas de utilización do centro establecidas no presente regulamento asi como 2) non observar unha conducta inspirada no mutuo respecto, tolerancia e colaboración, encamiñada a facilitar unha mellor convivencia. Deixarase constancia no expediente individualizado de tales inobservancias. - Por precisar asistencia para as actividades da vida diaria de carácter especializado, que non corresponden as ofrecidas nas vivendas comunitarias. - Por falecemento. - Cando a baixa non sexa por falecemento ou vontade propia do usuario, ou do seu representante legal ou titor, iniciarase un expediente contradictorio, con audiencia ó interesado, ou ó seu representante legal ou titor, e que será resolto polo director-a do centro, oídos os Servizos Sociais municipais. Reiterado impago do prezo público de 3 mensualidades. ART. 12.- REXIME SANCIONADOR. DAS FALTAS E SANCIONS. 12.1. 1. Os usuarios do centro serán os responsables dos danos ou perxuicios que por acción ou omisión causen nas suas instalacións, así coma das alteracións de orde que se produzan 2. Sen perxuicio da responsabilidade penal ou civil en que poideran incurrir por tales actos ou omisións, que poderá esixirse ante os Xulgados e Tribunáis correspondentes, si os residentes cometesen algunha das faltas previstas neste capítulo, serán obxecto do procedemento sancionador que, con caracter xeral, establece a Lei 30/ 1992 e normativa complementaria 12.2.- Ós efectos previstos no anterior artigo, as faltas clasificanse en moi graves, graves e leves Faltas moi graves. a) A reiteración de tres ou máis faltas graves. b) A agresión física ou malos tratos hacia os residentes no centro ou demáis persoal. c) Falsear ou ocultar declaracións ou aportar datos inexistentes ou relevantes en relación coa condición de residente para obter beneficio. d) Ocasionar danos relevantes nos bens dos aloxamentos ou perxuicios notorios na convivencia. Faltas graves. a) A reiteración de tres ou máis faltas leves. b) Entorpecer, intencionada e habitualmente, as actividades a realizar no centro. c) A sustracción de bens ou calqueira clase de obxeto, propiedade das instalacións, do persoal ou de calqueira residente ou visitante. d) A demora inxustificada do pago do prezo público. e) A utilización do centro para a cohabitabilidade, ainda que sexa temporal, por parte de familiares e/ou amigos do beneficiario, salvo no suposto de enfermidade do residente e co permiso expreso dos responsables do centro. Faltas leves. a) A simple falta de respeto, manifestada en incorrección de trato, actitudes ou palabras desconsideradas ou inconvintes hacia outro beneficiario ou persoal adscrito a dito servicio. b) O descuido ou neglixencia, non imputable pola idade ou polas condicións físicas das persoas, no usodo mobiliario, obxetos, materiais ou instalacións do centro. 12.3.- As sancións que se impoñan ós residentes que incurran nalgunha das faltas clasificadas anteriormente serán as seguintes: Faltas moi graves. - Expulsión temporal do centro por un períodos de un a seis meses, podendose chegar en determinados casos ata a expulsión definitiva. Faltas leves. - Amonestación verbal ou escrita. 12.4.- Para a gradación das sancións previstas terase en contaas circunstancias persoais do autor responsable, tales como a idade, condicións físicas e psíquicas, e o seu nivel de formación, así como a transcendencia dos feitos e a alarma, intranquilidade ou inquietude producida entre os beneficiarios ou persoal de ditas instalacións, ademáis das manifestacións ou mostras de sincero arrepentimento do autor e a reparación inmediata dos danos ou prexuizos ocasionados. 12.5.- As faltas leves prescribirán ós dous meses, as graves ós catro e as moi graves ó ano, sempre que durante estes períodos de tempo non se lle comunicara ó interesado a incoación de expediente ou, no caso das faltas leves, se lle impuxera sanción. As faltas serán sancionadas polo Alcalde-Presidente. CLAUSURA DERROGATORIA.- Déixase sen efecto o Regulamento de Réxime Interior de data 27 de decembro de 1930, no que contradiga a este regulamento. Este regulamento foi aprobado polo Pleno Municipal en sesión de 19 de xaneiro de 2009. ANEXO I PREZO POLA PRESTACION DOS SERVICIOS OBRIGADOS A PAGAMENTO. Están obrigados ao pagamento do prezo público, regulado neste ordenanza, quenes se beneficien dos servicios e actividades da Residencia Municipal para a terceira idade San Sebabstián e San Lázaro, en concepto de suxeitos pasivos. Para seren beneficiario do mesmo terá que estarse ó establecido no presente regulamento de rexime interno. O prezo para o ano 2008 é o seguinte: Residentes válidos: 600 euros mensuais Residentes asistidos:?800 euros mensuais. En ningún caso a aportación do usuario con cargo á súa pensión, excederá do 90 % do importe da mesma, tanto para válidos como para inválidos. ANEXO II CONTRATO DE PRESTACIÓN DE SERVICIO, HOSPITAL – RESIDENCIA SAN SEBASTIAN E SAN LÁZARO En Ribadeo a ______________ de _____________ de _________________ REUNIDOS: Dunha parte don/a.__________________________ Maior de idade, con D.N.I._____________________ Veciño de_________________________________ De outra parte don/a.________________________ Maior de idade estado civil____________________ Con D.N.I._________________________________ Veciño de _________________________________ Rúa______________________________________ E de outra parte, don/a._______________________ Maior de idade, estado civil____________________ con D.N.I__________________________________ Veciño de _________________________________ Rúa______________________________________ INTERVEÑEN: O primeiro como representante legal da Residencia Hospital Residencia “San Sebastián y San Lázaro” de Ribadeo, con domicilio na rúa Clemente Martínez Pasarón nº 9 e con N.I.F P 7705101 I. O/a segundo/a no seu propio nome e dereito. (O residente). O/a terceiro/a que actúa no seu propio nome e dereito e o parentesco co solicitante e o de: _________________________________________ Recoñecéndose nesa representación capacidade bastante e sin limitacións para o outorgamento do presente contrato, a tal efecto: MANIFESTAN: PRIMEIRO: Que o Hospital Residencia San “Sebastián e San Lázaro” de Ribadeo, é unha entidade prestadora de servizos sociais caracterizada como unha mini-residencia segundo a normativa vixente, sendo a titularidade do Centro do Excmo.Concello de Ribadeo inscrito no Rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar num. S403, xestionado pola Congregación de Marta e María inscrita no Rexistro de Entidades Relixiosas da Direccion Xeral de Asuntos Relixiosos do Ministerio de Xustiza co número 2519 sección especial B, ostentando a mesma a xestion e administración do Hospital Asilo. SEGUNDO: Que don/a._____________________ en adiante o/a residente, en plenitude de facultades psíquicas está interesado en ingresar na Residencia, accedendo aos servicios que ésta presta, e esta interesado/a en recibir esos servicios e por isto deciden de común acordo este contrato de prestación de servicios de residencia con arranxo as seguientes: ESTIPULACIONS. PRIMEIRA: OBXECTO DO CONTRATO.- O Hospital-Residencia se compromete a manter en réxime de internado o/a residente, segundo determina o Regulamento Interno. SEGUNDA: OBRIGAS DO RESIDENTE. O residente mentras dure a situación de Residencia, deberá cumplir e respectar as obligacions descritas neste contrato e no Regulamento de Réxime Interno, e aboar o prezo público, contraprestación económica establecida na ordenanza e restante normativa reguladora, que coñece e acepta. TERCEIRA: GARANTIA DO PAGO DO PREZO REAL.- Ao marxe da cantidade que efectivamente aboe o residente, o prezo da praza e estancia será o que con carácter anual se estableza para o Hospital Residencia San “Sebastián y San Lázaro”. Tarifa real que permanece exposta no taboleiro de anuncios do centro e que será comunicada ao residente e a don/a._____________________________________ en adelante tutor ou familiar responsable. Si o residente é INDEPENDENTE ingresará, 600 euros mensuais. Si o residente é DEPENDENTE, ingresará 800 euros mensuais. Incrementarase o pago de 600 a 800 euros mensuais no momento en que o Residente precise servicios completos (de independente a dependente). O tutor ou familiar responsable responderá solidariamente co residente do impago das débedas que o Residente xenere en favor da Residencia. En calquera caso e sin prexuizo de outras consideracións, si o residente acreditara que non pode satisfacer a totalidade da tarifa, por non dispoñer de recursos económicos, a cantidade que falte terá a consideración de débeda do residente en favor da Residencia. Estas cantidades deberán ser reintegradas a residencia si o residente chegara a mellor fortuna, e no caso de imposible cobro, será imputada esta debeda ao tutor ou familiar responsable nos termos establecidos e, en todo caso, na herencia do residente si esta existira. O residente acepta o incremento que poida experimentar anualmente o prezo público conforme ao procedemento legalmente establecido. En ningún caso a aportación do usuario con cargo á súa pensión, excederá do 90 % do importe da mesma, tanto para válidos como para inválidos. Aqueles usuarios do Hospital Asilo que non dispoñan de rendas líquidas dabondo para aboar o custo efectivo da praza que corresponda, pero que nembargantes sexan titulares de bens ou dereitos de calquera clase ou natureza quedarán obrigados a constituir as garantías axeitadas para o pagamento do total ou da parte de custo do servizo prestado a que alcancen os seus bens. Se a cantidade aboada mensualmente polo usuario non alcanzara a cubrir o prezo público vixente o centro ou o Concello poderá chamar, no seu caso, ao cónxuxe , descendentes de grao máis proximo, ascendentes de grao mais próximo, irmáns, etc. pola orde en que sexan chamados á sucesión testamentaria ou intestada do usuario, para que contribúan a mermar dita diferencia, valorando a capacidade económica destes e os medios económicos do usuario, mediante aportacións económicas mensuais pola diferencia, constitución de renda vitalicia a cambio da cesión de bens ou dereitos do usuario, ou calquera outros medios admitidos en dereito conforme ao procedemento que se determine. Se non poderan efectuarse ou foran insuficientes as aportacións anteriormente mencionadas o Concello ou o centro obrigará ao usuario que resultase titular de bens ou dereitos de calquera natureza a constituir sobre os mesmos as garantías adecuadas para o pago do total ou de parte do custo do servizo prestado a que alcancen os seus bens mediante calquera dos medios admitidos en dereito, sendo de conta do usuario, todolos gastos que lle orixine. Se o Concello ou o centro adquiriran coñecemento de que tras da firma do presente contrato o usuario alleou ou gravou calesquera dos seus bens ou dereitos, en prexuízo da súa solvencia para o pago da débeda garantida, poderá dar por extinguido o contrato agás aboamento da cantidade total adebedada ou asunción expresa da débeda polos adquirintes ou beneficiarios. Asimesmo sen prexuízo do disposto anteriormente o Concello ou o Centro poderá realizar liquidación periódicas, que se practicarán de acordo co correspondente prezo público, a fin de aminora-la débeda resultante ata o día da data, pola cantidade líquida, esixible e vencida, acreditada pola certificación contable correspondente, importe que o usuario recoñece adebedar e se obriga á amortizar do xeito que ambas partes teñan a ben convir. O usuario obrígase a comunicar en data inmediata ao Concello ou ao centro calquera incremento ou disminución que se produza na súa renda ou patrimonio con respecto ao inicial do momento da súa entrada no centro, sexa cal sexa a súa orixe e aínda no caso de que so fora unha simple expectativa de dereito. Anualmente o usuario deberá presentar á dirección do centro a notificación da revalorización da pensión e subsidio así como calquera outra documentación económica que a tal efecto lle sexa solicitada. CUARTA: OUTRAS OBRIGAS DO TUTOR OU FAMILIAR RESPONSABLE. O tutor ou familiar responsable do residente ratifica o contido integro do presente documento, comprometéndose a: a) Atendelo en calqueira ocasión na que o mesmo teña que deixar a Residencia, ben sexa de forma temporal (visitas médicas, ou calquera outra xestión e comprometese e responsabilizase de firmar as autorizacions no caso de tratamentos cirúrxicos) ou por abandono total de Residencia. b) Subministrar ao residente todos aqueles obxectos que sexan de uso persoal e que non estén incluidos dentro do réxime da Residencia, (artículos de hixiene persoal, roupa, colchón xeriátrico si o necesitara, muletas, cadeiras de rodas, andadores etc...). c) Farase cargo das actuacións e trámites no suposto de falecemento do residente. d) Cumplir o presente documento, en especial, as obrigas garantidas. QUINTA: PRAZO.- O contrato terá unha duración indefinida. Non obstante o anterior, calquera das partes poderá dar por rematada a relación sen alegar causa algunha, sempre que se comunique a denuncia por escrito cun mes de antelación a data de eficacia da mesma. En todo caso si o residente unha vez ingresado na Residencia, padecera algunha enfermidade de natureza psíquica ou problemas mentais que afecten a sua convivencia co resto dos residentes, comprometese a abandoar a Residencia ata a sua curación, tanto para ser trasladado a un centro especializado ou cos seus familiares. SEXTA: ENTREGA DE ENSERES.- O residente establece expresamente que no caso de falecemento todas as suas pertenencias e enseres que se atopen na Residencia serán entregados no prazo dunha semana ao tutor ou familiar responsable. Sí en dito prazo este non se houbera interesado en elos, a Residencia disporá deles como máis oportunamente o considerase. SEPTIMA: RESERVA DE PRAZA.- (Estipulación opcional) no caso de producirse a situación de reserva de praza en favor do residente, facturarase do modo habitual; de idéntica contía, é dicir, do un ao cinco de cada mes. OCTAVA: EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE.- Os danos que o residente poidera sufrir fora das instalacions da Residencia exoneran a ésta de todo tipo de responsabilidade. NOVENA: XURISDICCIÓN.- Para calquera cuestión derivada do presente contrato, as partes sometense á xurisdicción dos Xulgados e Tribunais de Mondoñedo, por ser o máis cercano a Residencia renunciando ao seu propio fuero si o tiveran, no que atinxe ao ámbito de competencia dos mesmos e ao Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo de tratarse dun asunto correspondente a esta xurisdicción. E en proba de conformidade e para que conste, previa lectura que por si mesmos efectúan os comparecentes, asinan no lugar e data expresados no encabezamento por triplicado exemplar. Asdo. Asdo. POLA RESIDENCIA O SOLICITANTE Asdo. O TITOR OU FAMILIAR RESPONSABLE O presente Regulamento, conforme ó disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación íntegra no BOP e unha vez transcurrido o prazo de quince días a que fai referencia o artigo 65. 2 da mesma Lei. O que se fai público para xeral coñecemento facendose constar igualmente que o presente acto pon fín á vía administrativa e que contra o mesmo, de conformidade co previsto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do T.S.X.G. no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da publicación. Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que se estime conveniente. Ribadeo, 23 de xaneiro de 2009.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA. A cantidade que sinala o umbral da pobreza en España estaba sinalado para cada ciudadan en 6.895 euros/anuais no 2008 Os pobres non poden entrar no Hospital Asilo do Concello de Ribadeo. A maiores teñan en conta a obriga de aportar os obxetos de uso persoal (de hixiene, roupa...) Non digas nada. Nada. |
Terra prometida, terra de promesas
Sociedade insociable
Compromiso antisocial
Sociedade insociable
Sociedade despreciable/Escorbuto