domingo, 30 de noviembre de 2008

e sen efectuar arreglos baixo a Ponte dos Santos. ¿Estarán entregadas as obras?

Qué podemos dicir, di a maioria asi é a vida
qué lle vamos facer si non hai solución asi é a vida
non queremos saber, non hai ningunha saida, asi é a vida
a ver que di o de enriba.

O camiño desemboca nunha pequena praza con escalóns ata o mar.  O lado das arbores na segunda foto enriba dispoñiase de bancos para ler o admirar a paisaxe. Esperamos que pronto restituian o lugar o seu encanto.


Publicado por a333 @ 16:05
Comentarios (1)  | Enviar
viernes, 14 de noviembre de 2008

Por un lado iniciaron obras nas rúas Antonio Otero e Amando Pérez
O Calexón da Paz pechado con material das obras desas rúas. Ocpación xigantesca na beirarrua do Cine Colón tanto pola Praza de Abaixo como por Trinidade. A maiores obras con ocupación na esquina da Praza de Abaixo/Amando Pérez
Por outro existen obras en Acevedo Rodríguez (están a mudar unha cuberta) e en Inxenieiro Schultz (botaron unhas beirarruas)
Un veciño da Trinidade que queira ir a Biblioteca Pública na rúa Antonio Otero ten que subir a Praza de Abaixo, pasar por entre os obreiros (molestando e con risco xa que están a traballar) e baixar a Praza dos Catro Caños, cando antes so era cruzar por unhas pasarelas que os que están executando as obras públicas deixaron habilitadas.
E queremos pasar para a Biblioteca, para o Telecentro, para o Comercio de Roberto da Nena,  para a Panadería de Paleo e para onde nos veña en gana.
Tamén ten ocurrido que o tentar sair en coche nos vexamos impedidos pola maquinaría que está a executar obras (públicas e privadas)
O noso tempo é noso. Que se pense nos cidadáns cando se executan obras de calquer tipo, tendo en conta que os espacios públicos son de todos nos e que a Administración/Goberno Municipal/Concello é so un mero administrador dos nosos recursos.

Apostar o que se tén,
Firmar o que non escribo,
Donar sin saber a quén
E dar cartos sin recibo:
Penso que non me convén!/Fuxan os Ventos


Publicado por a333 @ 12:06
Comentarios (0)  | Enviar
jueves, 13 de noviembre de 2008

Non digas que vai dereito
o cravo que torto entroue,
non digas que é carpinteiro
quen nunca táboa labroue/Fuxan os Ventos


Publicado por a333 @ 17:10
Comentarios (0)  | Enviar

Non hai moito que arreglaron esta Praza e podese ver como está Palabriñas, palabriñas,
todo se volven palabras,
se buscas algo con elas
sáenche as contas furadas. Fuxan os Ventos


Publicado por a333 @ 17:04
Comentarios (0)  | Enviar
sábado, 01 de noviembre de 2008

¿De qué serve unha casa si non se conta cun planeta tolerable para situala? Henry David Thoreau
Publicado por a333 @ 22:09
Comentarios (0)  | Enviar